HABITACIÓNS TEMATIZADAS

MOSTEIRO DE ACIVEIRO PONTE GOMAÍL PONTE DE ANDÓN TORRE DE ALARMA DA BARCIELA

CUARTO MOSTEIRO DE ACIVEIRO


O mosteiro de Santa María a Real de Aciveiro, fundando en 1135, é o fito histórico e cultural máis importante de Forcarei e de toda a Terra de Montes. Chegou a contar con 106 frades nos seus tempos de esplendor. Del naceu a inmensa serie de oficios tradicionais que desde o medievo viu a luz en Terra de Montes. Desde o ano 2000 está rehabilitado e convertido tamén nunha Hospedería Rural.

CUARTO PONTE GOMAÍL


A Ponte Gomaíl é unha da vintena de pontes que atravesan o río Lérez no concello de Forcarei. Foi construída polos canteiros de Gaxín e Castrelo nun románico serodio, en torno ó século XIV. É moi fermosa e localízase nun inmenso manto natural co que se irmanda de xeito totalmente harmonioso.

HABITACIÓN PONTE DE ANDÓN


Outra das pontes románicas da ruta do Lérez, esta foi creada polo abade do mosteiro Gonzalo das Penas. Está localizada a uns cincocentos metros do mosteiro e a tres quilómetros do nacemento do Lérez.

CUARTO CHANO PIÑEIRO


Chano Piñeiro é un referente maiúsculo do cine galego. Dirixiu seis películas e deixou moitos outros proxetos sen facer, xa que morreu á temperá idade de 40 anos. Nas súas obras falaba da súa infancia en Forcarei e da nostalxia dos emigrados ás Américas.

CUARTO TORRE DE ALARMA DA BARCIELA


A Torre de Alarma da Barciela é tamén de orixe medieval, e vencellada coa antiga Fortaleza-residencia dos xuíces-meriños da Terra de Montes, fundada polo arcebispo Xelmírez no século XII.

CUARTO CASTRO DE LOUREIRO


O castro de Loureiro, na parroquia de Dúas Igrexas, é un paradigma perfecto de castro de tamaño e altura medios (en torno á media hectárea e ós 11 metros), con antecastro, foxo, murallas e croa ben definidos.